VIII Mostra Filatélica-Numismática Canguesa

VIII MOSTRA FILATÉLICA E FOTOGRÁFICA

Do 20 ao 29 de Agosto de 2011 – Capela do Hospital

 Un ano máis, a Sociedade Filatélica-Numismática Canguesa vai celebrar unha nova exposición filatélica e fotográfica, aproveitando a celebración das Festas do Cristo. Esta VIII Mostra Filatélica e Fotográfica terá lugar na Capela do Hospital entre os días 20 e 29 deste mes de agosto, coincidindo cos actos culturais das Festas.

Ademáis das coleccións temáticas de selos, tamén se poderá desfrutar dunha exposición dos carteis anunciadores das Festas do Cristo, dende o ano 1975 ata o 2010, onde poderase lembrar aos alcaldes e pregoeiros.

O acto de inauguración oficial farase o sábado día 20 ás 11’30 horas na propia Capela, coincidindo coa instalación dunha estafeta temporal de Correos para o mataselos conmemorativo da exposición. Ademais do mesmo, tamén teremos un selo personalizado, un sobre conmemorativo,…

D. José Antepazo Gómez

Presidente da Sociedade Filatélica-Numismática Canguesa

Anuncios

Los comentarios están cerrados.