Próxima EXFIMIÑO en A Guarda

Do 11 ao 17 de outubro de 2018 celébrase en A Guarda, a XXXVI exposición filatélica e a XXII EXFIMIÑO que este ano estará adicada a conmemorar o 350 Aniversario da liberación da dominación portuguesa de A Guarda e do Castelo de Santa Cruz.

Como ven sendo habitual a mostra estará montada nos baixos da Casa dos Alonsos, edificio onde recentemente se instalaron as dependencias do Concello de A Guarda.

A inauguración será o día 11 xoves as 20:30 horas  e a mostra estará aberta en horario de mañá de 11  a 14 horas e pola tarde de 17 a 20 horas.

A Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa porá en circulación un selo personalizado, cunha imaxe do plano do castelo de Sta. Cruz, (que nos cedeu amablemente InfoMaxe) e un cuño conmemorativo coa imaxe da entrada principal do castelo.

Convídannos a todos os que se queiran achegarse ata A Guarda eses días a que visiten a exposición.

 

Los comentarios están cerrados.