Exposición en Pontedeume

Con motivo do 750 aniversario da fundación de Pontedeume e a celebración do Xacobeo 2021, o Concello de Pontedeume xunto coa Sociedade Filatélica «Eume» e a Sociedade Filatélica de A Coruña, organiza a exposición «Pontedeume e A Coruña, dúas etapas no Camiño Inglés».


Esta exposición, que permanecerá aberta entre os días 3 e 17 de xuño en horario de 18 a 20 horas no Convento dos Agostiños (Casa da Cultura), brindará un percorrido pola historia da filatelia e o seu destacado papel dando a coñecer a importancia das diferentes rutas xacobeas, a riqueza do patrimonio arquitectónico e cultural que atesouran ou incluso a relevancia da influencia xacobea en América.


A iniciativa virá acompañada da emisión de dúas series de selos conmemorativos que farán referencia á celebración desta exposición que une a Pontedeume e A Coruña dentro das etapas do Camiño Inglés e aos 750 anos desde a fundación da vila dos Andrade. Estos selos estarán disponibles, de maneira gratuíta, na Oficina de Turismo e en estancos e quioscos.


Na mostra, organizada grazas á cesión por parte de particulares de diferentes coleccións nacionais, autonómicas e locais, tamén se poderán atopar referencias á historia do correo con marcas postais de correspondencia circulada entre os século XVIII e XIX, e de maneira específica sobre a historia da correspondencia en Pontedeume.

Los comentarios están cerrados.