Inauguración EXFIMIÑO en A Guarda

 O 11 de outubro de 2018 tivo lugar a inauguración  da exposición filatélica EXFIMIÑO 2018 na súa XXII edición; o acto tivo lugar as 20:30 horas na Casa dos Alonsos.

       Estiveron presentes: a Deputada Provincial Dona Montserrat Magallanes; a Concelleira de Cultura do Concello de A Guarda Dona Elena Baz; o Presidente de FEGASOFI, D. Valentín Suárez Alonso; o historiador guardés D. Joaquín Miguel Villa Álvarez; o xefe da oficina de correos de A Guarda, D. José Luís Franco e o presidente da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa D. Luciano Lomba Vicente. Así mesmo asistiron ao acto da inauguración tódolos membros da xunta directiva e algúns socios da S.F e N.Guardesa, representantes dos distintos grupos políticos, de asociacións filatélicas  galegas e de asociacións culturais, ademais de público en xeral.

      No acto da inauguración, fixo a presentación o presidente da S.F e N.G, a continuación  o historiador D. Joaquín M. Villa falou non solo do 350 aniversario da retirada da presenza militar portuguesa de esta localidade, senón tamén do castelo de Sta. Cruz; a continuación  dirixiuse ao público presente o presidente da Federación Galega de Sociedades Filatélica D. Valentín Suárez, pasando a palabra a  Concelleira de Cultura  que leu unha carta en nome do alcalde que non poido estar presente, e de seguido a Deputada Provincial, Dona Montserrat Magallanes cerrou o acto cunhas palabras.

Púxose en circulación un selo personalizado con motivo alusivo ao castelo de Sta. Cruz, así como dun matásellos conmemorativo neste caso unha imaxe da porta principal do castelo.

 Unha vez acabado o acto da inauguración o numeroso público asistente admirou as distintas coleccións expostas na Mostra.

Los comentarios están cerrados.